O Concello de Ribeira presenta o plan de formación online Ribeira.academy, con 1000 prazas dispoñibles en distintos sectores de actividade. Esta medida pretende facer fronte á situación de alarma xerada polo Covid-19.
Aproveitar a situación actual para mellorar o perfil profesional e aumentar as posibilidades de empregabilidade tras o confinamento é a mellor forma de facer fronte a esta complexa situación económica. É de vital importancia posicionarse nesta nova etapa marcada por unha maior influencia da tecnoloxía e do teletraballo.
«É o momento de potenciar as túas destrezas e investir o teu tempo en formación para mellorar o teu futuro profesional».
A medida está especialmente dirixida ás persoas desempregadas, aqueles traballadores en ERTE, traballadores autónomos e de PEMES, con todo, todos os habitantes poderán solicitar o curso que desexen e adquirir a súa praza.
Prazas dispoñibles
Cursos online diferentes
Categorías profesionais